Acceso a recursos electrónicos para xubilados

Acceso a recursos electrónicos para xubilados

Un dos alicerces da Estratexia SERGAS 2014 é velar e coidar aos seus profesionais. O Sistema Sanitario Público de Galicia está formado por persoas, e é por tanto necesario que a organización se ocupe delas durante o seu exercicio profesional, e tamén despois de que por razóns de xubilación o abandonen.

O noso desexo é que este vínculo se manteña e, como xestores sanitarios, sabemos o importante que é que os nosos profesionais, altamente cualificados, sigan sentíndose parte activa do sistema. Por iso queremos facilitarllo, se esa é a súa vontade e desexo.

Neste sentido queremos ofrecer a posibilidade de continuar utilizando as ferramentas de comunicación (correo electrónico e intranet) e os accesos a fontes de coñecemento (Biblioteca Virtual - Bibliosaúde) a todos os profesionais que traballaron na nosa organización como mostra de agradecemento pola súa entrega e esforzo durante os seus anos de servizo.

Traballamos coa seguridade de que estas ferramentas nos permitirán seguir compartindo os vínculos profesionais e de interese.