Dispón de 4 camas situadas na 4ª planta do edificio de hospitalización, con enfermería propia e compartida co Servizo de Cirurxía Ortopédica. Tamén de ecografía diagnóstico-terapéutica e sala de técnicas propia. No ano 2018 realizáronse 128 ingresos cunha estancia media de 7,59 días, cun peso medio de 0,8214.
A asistencia na planta de hospitalización é responsabilidade dun médico reumatólogo xunto cun residente de terceiro ano. Ocúpase da visita diaria, as técnicas propias a realizar cos pacientes e atende as chamadas de Urxencias en horario de mañá, cunha media de 4 diarias, contestando ademais as interconsultas intrahospitalarias doutras especialidades. No ano último constituíron un total de 1500.
Todos os pacientes son dados de alta co respectivo informe que resume o acto médico do ingreso, o tratamento domiciliario e o plan de consultas de seguimento, así como as prescricións realizadas, de forma electrónica, para evitar a necesidade de acudir ao seu médico de Atención Primaria, polo menos, nas primeiras semanas. Sempre se facilita un teléfono de contacto por se existise algunha incidencia nos días próximos ao alta.