A Unidade de Alxias Musculoesquéleticas atópase situada na planta 0 (nivel rúa) do edificio de Consultas externas nas portas 14, 15, 16 e 17. Os pacientes ao chegar deben dirixirse ao mostrador da devandita consulta para reportar a súa presenza e serán chamados de forma anonimizada para o paso a calquera das consultas. As chamadas a consultas están anonimizadas
As consultas de AME están atendidas por facultativos das 3 especialidades pertencentes a un pool de profesionais con formación específica medico-cirúrxica do aparello locomotor, estando composta actualmente por un médico rehabilitador (1 axenda, 5 consultas semanais), un médico traumatólogo (2 axendas, 7 consultas semanais) e 2 médicos reumatólogos (2 axendas, 8 consultas semanais).
Dotouse a todos os despachos de medios informáticos con acceso á historia clínica electrónica, de padiola de exploración física, de elementos propios para técnicas de punción/infiltración articular e de partes brandas, así como de ecografía musculoesquelética, co fin xa mencionado de tentar realizar unha consulta de acto único na maioría dos casos.
Nos casos de alta en acto único proporciónase aos pacientes un pequeno informe médico coas principais recomendacións terapéuticas, aínda que ao figurar o acto médico na mesma historia clínica electrónica, o acceso aos cursos clínicos por parte de AP é inmediato.
Por este tipo de asistencia rotan en período de formación os residentes de Medicina Familiar e Comunitaria, algúns médicos de Atención Primaria, os residentes das 3 especialidades: Reumatoloxía, Rehabilitación e Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica e todos os seus integrantes realizaron rotacións tamén o as 3 especialidades.