A Vixilancia Epidemiolóxica permite ter un coñecemento actualizado do estado de saúde dos pacientes do hospital, permitindo identificar precozmente os brotes para a súa oportuna intervención e control, así como coñecer a tendencia das enfermidades suxeitas a vixilancia.
Actividades:
A Unidade de vacinación do adulto ten como actividades:
Elaboración de protocolos coas medidas preventivas a adoptar para a execución de obra notificada ao Servizo de Medicina Preventiva. Asesoramento no que respecta a a circulación de persoas e illamento adecuado nas zonas de obra. Establecer medidas correctivas se é necesario. Asegurar a bioseguridade ambiental tras a finalización das obras nas zonas de alto risco previo a poñer en marcha novamente as instalacións.
Entre as actividades que desenvolve a UTB están:
A investigación e innovación deben ser aplicadas de maneira transversal a cada unha das áreas da asistencia sanitaria. É, sen dúbida, imprescindible establecer un modelo que cre cultura de investigación e innovación entre os profesionais sanitarios da área.
Estes son os obxectivos principais do nodo de innovación e da Unidade Transvesal de Metodoloxía da Investigación (UTAMI). Esta unidade pretende dar soporte e servir de vía de entrada e apoio para a traballadores da área sanitaria que queiran aplicar ideas innovadoras á práctica asistencial habitual (nodo de innovación), así como soporte para aqueles que queiran consolidar a súa traxectoria investigadora (UTAMI).
No ano 1995 o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) acredita a Unidade de Epidemioloxía e Investigación Clínica do CHUS encargada de atender aos profesionais sanitarios da área. En novembro de 2022 créase a Unidade Transversal de Apoio Metodolóxico á Investigación clínica (UTAMI), co obxectivo unificar a Unidade de Epidemioloxía e Investigación Clínica do CHUS e a Unidade de Metodoloxía da Investigación do Instituto de Investigación sanitaria.
A UTAMI presenta unha estrutura aberta, participativa e de carácter transversal, formada por un equipo multidisciplinario, provenientes tanto do SERGAS como do Instituto de investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, con capacidade para dar soporte en calquera das fases das que se compón un estudo de investigación. Os seus usuarios son os clínicos investigadores da área sanitaria de Santiago e o Barbanza e os investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.
A rede de nodos de Galicia busca integrar no proceso información que permita unha xestión da oferta terapéutica/asistencial dispoñible máis eficiente, sustentable e útil para o paciente, actualizada en cada momento.
Desde 2022 a Xefa de Servizo de Medicina Preventiva ostenta a presidencia do Nodo de Innovación da área Sanitaria de Santiago de Compostela.