A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, do Servizo Galego de Saúde, é un servizo de atención sanitaria público, baseado nunha atención sanitaria de calidade e especializada na atención de procesos clínicos complexos que asegura a asistencia nunha contorna accesible, respectuosa e amable co paciente. Neste marco desenvólvese a actividade do Servizo de Neurocirurxía coa misión de: prestar aos pacientes a mellor asistencia posible na patoloxía do sistema nervioso central e periférico, tratando de buscar a excelencia na atención prestada e buscando o liderado Neuroquirúrxico dentro da nosa Comunidade Autónoma e en España.
Situar ao Servizo de Neurocirurxía da EOXI de Santiago como unha referencia na súa especialidade, dentro e fóra da nosa Comunidade e tanto nos ámbitos asistenciais como docentes e de investigación, que actúe dentro da estrutura da EOXI como un motor de innovación e progreso.
A vocación de servizo público ha de ser fundamental nun xestor de sanidade pública e nos membros das Unidades e Servizos. Só así poderá desenvolverse un grupo, limitado ás veces no seu progreso polas dificultades económicas e as rixideces do sistema sanitario. A desagregación dos nosos valores podería ser o que segue: