O Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza nace en novembro de 1972 no antigo Hospital Xeral de Galicia, sendo o segundo que se puso en marcha en España, despois do Hospital Clínico San Carlos de Madrid.
O Servizo de Medicina Preventiva é un servizo central que depende xerárquicamente da Dirección do Hospital e que presta os seus servizos especializados co obxectivo fundamental da prevención da infección nosocomial, a través da Unidade de Epidemioloxía das infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria (IRAS). Desenvolve tamén un importante labor relacionado coa vacinación do adulto e o asesoramento ás viaxes internacionais e colabora con toda a organización hospitalaria a través do asesoramento en Epidemioloxía clínica e Sistemas de información.
O Servizo dispón dunha Unidade de Epidemiología Ambiental e Hixiene Hospitalaria e dunha Unidade de Prevención da Tuberculose. Tamén dunha Unidade de Prevención de Riscos Laborais, cuxos principais obxectivos son os de promover a prevención no ámbito laboral, realizar avaliacións de risco laborais, asesorar á Dirección na planificación da actividade preventiva e promover a saúde no lugar do traballo.
O Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública asume un modelo de xestión asistencial orientado ao paciente, centrado nos procesos e que dota aos profesionais de ferramentas clínicas e de xestión para conseguir os mellores resultados en termos de calidade e custos.
Contacto:
Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
Edificio A de Hospitalización, planta baixa.
Travesía de Choupana s/n
15706-Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 950 037
Correo electrónico: servicio.medicina.preventiva.santiago@sergas.es