A actividade fundamental do Servizo é de carácter ambulatorio, aínda que tamén se atenden pacientes ingresados, adscritos a outros servizos, a través das follas de Interconsulta.
As prestacións asistenciais da especialidade agrúpanse nas áreas de:
- PROCESOS (CONSULTA)
- PROCEDEMENTOS
- PATOLOXIAS
- PROCESOS
- ASISTENCIA EN ÁREA DE CONSULTA EXTERNA, onde se desenvolve a maior parte da súa actividade e onde nacen a docencia e a investigación. Inclúe:
- Realizar e/ou supervisar as Historias Clínicas, efectuar as exploracións e asistir responsablemente aos enfermos tanto na súa atención directa como na correcta utilización dos medios diagnósticos e terapéuticos.
- Elaborar protocolos clínico-terapéuticos e de diagnóstico que permitan unificar criterios do persoal facultativo.
- Emitir informes clínicos.
- Supervisar as probas diagnósticas (probas cutáneas, probas funcionais respiratorias, probas de provocación,...) que realice o persoal de enfermería.
- Participar nas actividades programadas do servizo.
- ASISTENCIA EN INTERCONSULTAS. A requirimento de médicos doutras especialidades, dáse asistencia aos pacientes ingresados noutros servizos que precisen de intervencións diagnósticas ou terapéuticas propias da especialidade.
- ADMINISTRACIÓN DE TRATAMENTOS: UNIDADE DE INMUNOTERAPIA. Destinada á administración de vacinas alerxénicas, permite unha maior adherencia e control do tratamento, sometendo ao paciente a pautas rápidas de administración que permiten alcanzar antes as doses de mantemento co o que se reduce o tempo de asistencia aos centros sanitarios para recibir doses na fase de inicio do tratamento e se alcanza antes a eficacia clínica. Inclúese aquí a administración dos tratamentos biolóxicos dispoñibles fronte ao asma bronquial, urticaria crónica idiopática e anxioedema bradicinérxico.
- PAUTAS DE DESENSIBILIZACIÓN: UNIDADE DE PROCEDEMENTOS DE ALTO RISCO. Destinada á realización de pautas de desensibilización a medicamentos e alimentos. No caso dos medicamentos, a unidade destínase a conseguir a administración de fármacos aos que o paciente ten alerxia pero que precisa para o tratamento da súa patoloxía. No caso dos alimentos, destínase á indución de tolerancia ao ovo e leite para conseguir a curación dos pacientes alérxicos que non superasen, de forma natural, esta alerxia e evitar as reaccións fatais tras exposición inadvertida a alimentos.
- EDUCACIÓN SANITARIA. Ten como obxectivo ensinar ao paciente as técnicas e coñecementos básicos sobre algúns aspectos do tratamento da enfermidade que axuden ao mellor control da mesma. Inclúese información sobre:
- Medidas de desalerxenización
- Rratamento domiciliario en caso de crise
- Utilización dos dispositivos para medicación inhalatoria
- Monitorización domiciliaria de síntomas e PEF
- Adestramento no tratamento da anafilaxia
- PROCEDEMENTOS. Os principais procedementos que se realizan no Servizo de Alergoloxía inclúen:
- PROBAS CUTÁNEAS (en todas a súas modalidades):
- Prick o intraepidérmicas (25 minutos)
- Intradermorreacción (30 minutos)
- Epicutáneas (3 visitas: 30, 10 y 10 minutos)
- Estudo cutáneo de inmunidade celular
- PROBAS FUNCIONAIS RESPIRATORIAS:
- Espirometría basal (15 minutos)
- Proba de broncodilatación (20 minutos adicionais á EB)
- Proba de exercizo en tapiz rodante (30 minutos)
- Proba de provocación bronquial: específica (entre 2 e 5-6 horas) e inespecífica (30-45 minutos)
- PROBAS DE EXPOSICIÓN OU DE TOLERANCIA:
- Exposición con medicamentos (calquera vía): (60 minutos /dose, intercalando placebos. En observación até 2 horas despois da última dose)
- Provocación nasal e ocular (entre 2-3 horas, 20-25 minutos por dose)
- Provocación con alimentos: aberta, simple cego, dobre cego (entre 3-4 horas, 30-60 minutos por dose)
- INMUNOTERAPIA (30-60 minutos por dose)
- DESENSIBILIZACIÓN (ou indución de tolerancia): entre 3 e 8 horas.
- ESTUDOS DE ALERXIA OCUPACIONAL: inclúe, ademais da realización de consulta e probas, a avaliación da actividade realizada en no posto de traballo, investigación dos axentes supostamente responsables, produción de extractos alerxénicos, posta a punto de probas específicas e monitorización de resposta tras exposición en condicións de laboratorio ou no medio laboral. Habitualmente estes pacientes se programan en axendas especiais. A duración dunha primeira visita é de 45 minutos e os estudos complementarios adoitan ser laboriosos e de moita duración.
- PROBAS FÍSICAS: procedementos encamiñados a identificar axentes físicos responsables da patoloxía alérxica: frío, calor, inmersión, presión, fricción, luz ultravioleta, entre outros. Tempo medio requirido: 30-90 minutos.
- PATOLOXÍAS. As principais patoloxías que se estudian no Servizo de Alergoloxía son:
- Alerxia respiratoria
- Nasal: Rinite intermitente ou persistente e polipose nasal
- Bronquial: Asma intermitente ou persistente
- Outras patoloxías alérxicas: (bronquite eosinofílica, ABPA, alveolite alérxica)
- Rinite e/ou asma ocupacional
- Eosinofilias pulmonares
- Alerxia alimentaria
- Alerxia alimentaria mediada por IgE
- Intolerancias a alimentos e aditivos
- Enterite e esofaxitie eosinofílica
- Patoloxía por anisakis e outros parasitos
- Enfermedades oculares
- Conxuntivite alérxica
- Dermato-conxuntivite alérxica
- Inmunopatoloxía
- Apoio ás inmunodeficiencias primarias
- Anxioedemas bradicinérxicos nas súas vertentes hereditarias e adquirido por déficit de C1 inhibidor, da súa actividade e factores da coagulación.
- Enfermidades cutáneas
- Dermatite de contacto.
- Dermatite de contacto laboral
- Dermatite atópica
- Urticaria e/ou anxioedema
- Vasculite por hipersensibilidade
- Procesos xerais
- Anafilaxia
- Mastocitose
- Alerxia a látex
- Reaccións adversas a medicamentos
- Alerxia ou hipersensibilidade a grupos farmacolóxicos
- Valoración da toxicodermia por fármacos
- Reaccións a medios de contraste radiolóxico
- Outros
- Alerxia a picadura de himenópteros e outros insectos.
- Tratamento das enfermidades alérxicas
- Inmunoterapia específica
- Anti IgE
- Outros tratamentos inmunomoduladores