A investigación no noso Servizo enmárcase dentro do Grupo de Investigación Emerxente E034Farmacoloxía Clínica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III.
Estanse a levar a cabo diferentes proxectos, tanto dentro do Servizo coma en colaboración con outros Centros, encamiñados á mellora da calidade asistencial dos nosos pacientes.
No campo da investigación clínica e traslacional, os intereses do noso grupo de investigación composto por membros do Servizo de Farmacia do EOXI de Santiago de Compostela, oriéntanse nunha serie de aspectos fundamentais:
- Personalización dos tratamentos farmacolóxicos: investigación e desenvolvemento de técnicas e métodos que permitan individualizar a utilización dos fármacos, mellorando a eficacia e diminuíndo os efectos adversos.
- Investigación, formulación e desenvolvemento de formas farmacéuticas.
As nosas liñas de investigación son as seguintes:
- Monitoraxe terapéutica de fármacos. Modelado farmacocinético de predición posolóxica individualizada e de farmacoxenética dos medicamentos. Avaliación da inmunogenicidad das terapias biolóxicas como ferramenta práctica para a optimización e personalización da terapia.
- A optimización galénica de medicamentos e formulacións maxistrais co fin de facilitar a administración de diferentes medicamentos en clínica e preclínica, realizando para iso estudos de toxicidade de principios activos e excipientes, caracterizacións reoloxicas de diferentes formulacións adaptadas a diversas vías de administración (oftálmica, transtimpanica, intranasal etc) así como a realización de estudos de liberación e difusión farmacocinética en diferentes compartimentos biolóxicos.
- Adherencia terapéutica
INNOVACIÓN
No ano 2015 implantáronse diversos proyectos de innovación no Servizo.
- Proxecto de mellora da seguridade e eficiencia do uso do medicamento no servizo de urxencias
- Proxecto de innovación para mellora da experiencia do cliente da farmacia externa
- Gemba Kaizen. Proceso S10- Revisión do protocolo de traballo na Unidade de Farmacia