h1

Título

Docencia no Servizo de Reumatoloxía

Texto destacado

Reumatoloxía 01

Ademais da formación de residentes da especialidade, impulsando a asistencia a congresos e rotacións externas, realizamos docencia de pregrado na Facultade de Medicina cunha materia propia que neste momento é a máis extensa de España en canto a número de clases expositivas e, ligados á Universidade temos 1 Profesor Asociado LOU, 1 Asociado P3 e 4 Colaboradores Docentes.

Nos últimos 5 anos dirixíronse 7 tese doutoral e máis de 20 Traballos de Fin de Grao realizados baixo a supervisión dos membros do Servizo de Reumatoloxía.

Particípase activamente na Práctica clínica mediante a rotación en grupos de 12 alumnos pertencentes a cursos de 3º, 4º e 6º do Grao de Medicina. A calidade docente e a implicación da Reumatoloxía na nosa Facultade de Medicina fixo que, polo menos 15 alumnos, elixisen a especialidade vía MIR en diversos hospitais de España.

Practicamente desde a súa formación, este Servizo formou especialistas vía MIR en número de 30 e que hoxe en día ocupan postos de asistencia e de investigación na Sanidade Pública. Realízanse rotacións externas e, é de destacar, que outros MIR da especialidade veñen rotar ao noso Servizo, incluídos algúns de Sudamérica e de Portugal.

Realizamos programas de Preceptorships para reumatólogos suramericanos e para residentes españois, especialmente en formación en establecemento da actividade da artrite mediante exploración clínica, ecográfica e de resonancia.

Dous membros do Servizo forman parte da escola de ecografía da SER que ten unha das súas sedes no noso hospital.

 

Etiqueta

docencia, formación, mir, residente, reumatoloxí

Público

Cidadanía, Profesionais, Persoal licenciado sanitario, Persoal sanitario diplomado ou técnico, Investigadores/as

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades conxénicas, Formación e Docencia, Formación

Interésame

Estou formándome

Grupos de información

-