h1

Título

Atención ao paciente

Texto destacado

Na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza queremos facilitar a accesibilidade e participación do paciente no seu proceso asistencial, co fin de mellorar a calidade dos servizos que lle presta o Sistema Público de Saúde de Galicia.

No Servizo de Atención ao Paciente valorarán a súa situación e ofreceranlle toda a información que precise sobre o seu caso.

Do mesmo modo, tramitaremos todas aquelas comunicacións que desexe presentar.

CONTACTE é un sistema de xestión único e homoxéneo para todo o SERGAS, que permite xestionar todas as reclamacións, queixas , suxerencias e agradecimientos que se presenten en relación á prestación de servicios, así como a análise sistemática da información que se desprende dela coa finalidade de desenvolver accións de mellora.

Pode presentar as súas comunicacións:

Presencialmente:

  • Unidade de Atención ao Paciente. Hospital Clínico Universitario. Horario de Atención ao Público de 09-14 horas de luns a venres.
  • Admisión de Pacientes. Hospital Clínico Universitario. Horario de 15-20:30 horas de luns a venres.
  • Admisión de Pacientes. Hospital de Conxo. Horario de 08-15 horas de luns a venres.
  • En todos los centros de Saúde , no horario no que se realice a actividade programada en función de cada centro ( 08-15 horas / 08-22 horas ).

Telemáticamente:

  • Telemáticamente a través do Contacte. Pode acceder a APP Saúde Móbil, en e-Saúde o en www.sergas.es
  • Telemáticamente a través do Rexistro electrónico da Xunta de Galicia.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Dereitos e deberes, Servizos sanitarios

Interésame

Facer unha consulta, suxestión ou reclamación

Grupos de información

A nosa organización