h1

Título

Bioética

Texto destacado

Na actualidade, a relación médico-paciente está sufrindo unha profunda transformación, distanciándose do modelo paternalista clásico e enriquecéndose co principio de autonomía, situándose, deste xeito, nun contexto onde o respecto á capacidade do paciente para decidir sobre o seu corpo e a súa propia vida, así como a necesidade de procurar unha distribución equitativa dos recursos sanitarios dispoñibles, deben conxugarse coa obriga do profesional de procura-lo maior ben do paciente, o que leva consigo a formulación de novos criterios éticos e deontolóxicos.

Por todos estes motivos e outros moitos, son necesarios órganos capaces de achegar criterios que axuden na toma de decisións éticas que van unidas continuamente e de forma inseparable ó correcto exercicio da práctica clínica.

Con esta finalidade regúlase (Decreto 177/2000, do 22 de xuño, polo que se regula a creación e autorización dos comités de Ética Asistencial) a creación e autorización dos comités de Etica Asistencial.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía

Temas

-

Interésame

-

Grupos de información

A nosa organización