h1

Título

Servizo de Traballo Social

Texto destacado

Atención ó Paciente

O Servizo de Traballo Social sanitario da EOXI agrupa actualmente a 27 profesionais que desenvolven a súa actividade profesional no ámbito da atención primaria, atención hospitalaria e os diversos dispositivos de saúde mental. O fin é de que actúen como unha rede conxunta e exerzan a súa atención tras un estudio, diagnóstico e tratamento sociosanitario ás persoas afectadas por un problema de saúde e ás súas redes sociais para que a enfermidade non sexa un motivo de pérdida de calidade de vida, discriminación ou marxinación social.

A Metodoloxía da orden ó procedemento de Traballo social e comeza por realizar unha serie de actuacións interrelacionadas entre sí, con diversas etapas ubicadas na estructura xeral do proceso metodolóxico de investigación científica. Cada caso é individual, único, exclusivo e dinámico.

Por todo iso trabállase co paciente e coa súa familia no asesoramento e orientación hacia os recursos mais adecuados en función da súa idade, pronóstico e apoio familiar. A atención pode comezar no medio hospitalario e continuar, unha vez dado de alta, con Traballo Social de Atención Primaria de saúde, Saúde mental, servizos sociais comunitarios ou viceversa, entendendo esto sempre como un proceso continuado de intervención.

Todo este traballo realízase de maneira individualizada cos pacientes e formando parte dos equipos asistenciais, participando nas diferentes sesións clínicas, Comités, etc. conseguindo deste xeito unha atención integral en saúde.

Tampouco se pode esquencer a labor de apoio psicosocial que se exerce ós pacientes e familias en situacións de crise ante unha situación inesperada de enfermidade ou accidente sobrevenido.

Outra das actividades importantes do Servizo, en calquera dos seus niveis asistenciais é o labor de información e rexistro no hospital do documento de instruccións previas, colaborando así a garantir o Principio de autonomía do paciente no momento que aínda pode decidir acerca dos seus coidados e tratamentos e do destino final do seu corpo e dos seus órganos unha vez chegado o falecemento.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía

Temas

-

Interésame

-

Grupos de información

A nosa organización