Un hospital amable, centrado nas persoas, debe propoñerse salvagardar a vida, curar, minimizar as secuelas e procurar o benestar dos seus pacientes, axudando a que a persoa e a súa familia pasen o mellor e antes posible o contratempo que supón a irrupción dunha enfermidade e discapacidade na súa vida. Un ambiente humanizado axuda ao paciente porque xera máis confianza e percepcións positivas, tanto nel como no seu familiar.
- Promovemos a empatía dos profesionais para aproximarse a pacientes, familias e coidadores e lograr que estes sentan arroupados no centro.
- O coidado das emocións mediante un ambiente máis tranquilo e un espazo adecuado
- As contornas físicas con efecto terapéutico
- O efecto terapéutico da música que diminúe a tensión
- O acompañamento do paciente e o coidado dos aspectos lúdicos
- A axuda a familias a manexar emocionalmente todos os acontecementos que vivirán ao longo da súa enfermidade
- A axuda no retorno ao domicilio