h1

Título

Misión, Visión e Valores do Servizo de Reumatoloxía

Texto destacado

clinico

Misión

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela é a estrutura organizativa de xestión sanitaria integrada polos centros de asistencia primaria e hospitalaria da área de Santiago de Compostela pertencentes á rede sanitaria pública do Servizo Galego de Saúde. A súa prestación de servizos sanitarios céntrase nas necesidades da cidadanía e fundaméntanse na calidade, o desenvolvemento interdisciplinar e integral dos procesos asistenciais e a continuidade asistencial.

O Servizo de Reumatoloxía desenvolve a súa actividade dentro deste marco, coas seguintes misións:

  • Atención integral e centrada no paciente con enfermidade reumatolóxica, desde o diagnóstico ao tratamento, cun seguimento próximo e coa maior calidade e eficiencias posibles.
  • Actualización continua dos seus profesionais e compromiso coa docencia e a investigación. 
  • Ofertar os últimos avances terapéuticos, sempre desde a perspectiva da evidencia científica, adaptada á nosa realidade sociocultural e ao mellor aproveitamento posible dos recursos.
Visión

O Serv​izo de Reumatoloxía aspira a seguir sendo un referente na especialidade e alcanzar a excelencia clínica na atención á patoloxía reumatolóxica. Para iso potenciará a accesibilidade e actualizará permanentemente os coñecementos e competencias dos seus profesionais.

Valores
  • Compromiso cos obxectivos do hospital e sentido de pertenza ao mesmo. 
  • Ética e respecto ás persoas, os seus dereitos e valores. 
  • Orientación ao paciente para satisfacer as súas necesidades e expectativas. 
  • Humanidade na atención e respecto polo paciente. 
  • Procura permanente da excelencia asistencial, docente e investigadora. 
  • Práctica da medicina baseada na mellor evidencia científica dispoñible. 
  • Relación entre profesionais baseada en accesibilidade, confianza e transparencia. 
  • Responsabilidade profesional, corporativa e social. 
  • Equidade na atención sanitaria. 
  • Esforzo para a utilización eficiente dos recursos.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades conxénicas

Interésame

-

Grupos de información

-