h1

Título

Carteira de servizos da Unidade de Nutición Clínica e Dietética

Texto destacado

Hospital Clínico


  • Na área Hospitalaria:
    • Asistencia a pacientes hospitalizados a cargo de Endocrinoloxía e Nutrición, con patoloxía nutricional.
    • Asistencia a pacientes hospitalizados a cargo doutro servizo, a cargo doutros servizos con enfermidades nutricionais ou complicacións nutricionais derivadas da súa enfermidade a petición do seu médico responsable ou atendendo a protocolos específicos (ex.: cribado nutricional).
      • Desnutrición calórica-proteica.
      • Síndromes de malabsorción intestinal.
      • Enfermidades crónicas.
      • Erros congénitos do metabolismo.
      • Enfermidades caquectizantes (neoplasias, SIDA).
      • Pacientes en situacións críticas (Coidados intensivos, grandes queimados, etc.).
      • Disfagias de tipo mecánico (acalasia, cancro de esófago, patoloxías da área ORL e maxilofacial, etc.).
      • Disfagias de tipo neurológico (ictus, Parkinson, demencias, ELA, parálises supranuclear progresiva, etc.).
      • Pacientes postquirúrgicos.
      • Postoperatorio de cirurxía bariátrica.
      • Alerxia alimentaria.
      • Trastornos da conduta alimentaria.
    • Detección e abordaxe terapéutico dos pacientes con desnutrición relacionada coa enfermidade (DRE).
      • Posta en marcha e xestión de protocolos de Cribado Nutricional.
      • Valoración do estado nutricional dos pacientes ingresados subsidiarios ou non de recibir unha intervención nutricional (oral, enteral, parenteral).
    • Prescrición, control e seguimento de pacientes con soporte nutricional (oral, enteral, parenteral) no hospital.
    • Participar na Xestión dos accesos para a administración de nutrición artificial (accesos venosos e dixestivos).
    • Participar no Control do Sistema de distribución de alimentos do centro hospitalario de forma centralizada. Confección do manual codificado de dietas, planificación das dietas basales opcionais e terapéuticas codificadas, incluíndo as dietas especiais. Control e supervisión do cumprimento do código de dietas.
    • Participar na xestión da área Hostaleira do Hospital, mediante as especificacións técnicas para a adquisición, recepción, almacenamento, elaboración e distribución dos alimentos.
    • Asistencia aos pacientes que precisen exploracións no ámbito da composición corporal e/ou funcionalidade (en colaboración con outros membros do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición):
      • Avaliación funcional metabólico-nutricional: Realización de probas funcionais, de composición corporal e estudos metabólicos
        • i. Realización de calorimetría indirecta e outras técnicas.
        • ii. Valoración de composición corporal: realización de impedancia bioleléctrica, DEXA etc.
        • iii. Valoración antropométrica.
        • iv. Realización de dinamometría.
        • v. Avaliación funcional de disfagia.
      • Nutrición enteral ou parenteral domiciliaria que precise de infraestrutura hospitalaria (inicio de tratamento ou manexo de complicacións).
      • Recambio de sondas de ostomía .
      • Tratamento de deficiencias nutricionais específicas (administración de ferro intravenoso, vitaminas, oligoelementos, etc.).
      • Trastornos da conduta alimentaria (en colaboración con outros membros do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición).
    • Educación sanitaria grupal ou individual dirixida a pacientes con trastornos metabólicos e/ou nutricionais.
  • Na área Ambulatoria
    • Consulta Externa de Nutrición: Atención á demanda de consultas relacionadas con nutrición, obesidade e enfermidades metabólicas do resto de servizos hospitalarios e atención primaria, seguimento pre e posquirúrgico de pacientes sometidos a cirurxía bariátrica (en colaboración con outros membros do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición), atención e seguimento de pacientes con trastornos nutricionais de calquera causa, trastornos da conduta alimentaria (en colaboración con outros membros do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición), valoración e/ou apoio nutricional prequirúrgicos ou en pacientes oncolóxicos.
      • Prescrición, control e seguimento de pacientes con Nutrición Artificial Domiciliaria e Ambulatoria (nutrición enteral ou parenteral).
      • Educación específica sobre utilización de sondas, sistemas, vías de acceso, tipo de administración e bombas de perfusión para a nutrición enteral ou parenteral.
      • Educación en prevención de complicacións e resolución de problemas en domicilio derivados da nutrición enteral e parenteral.
    • Educación sanitaria dirixida a pacientes, con especial atención a trastornos metabólicos e nutricionais.
 

Etiqueta

nutrición, endocrinoloxía, unidades, carteira, servizo

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Sobre a nosa organización

Interésame

-

Grupos de información

-