h1

Título

Política de Calidade da Unidade de Nutrición Clínica e Dietética

Texto destacado

Hospital Clínico

A Unidade de Nutrición Clínica e Dietética da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela comprométese a dispensar uns coidados que vaian máis aló da mera asistencia médica, procurando non só curar, senón tamén mellorar a calidade de vida do paciente como eixo principal de actuación. Para iso, sempre teremos en conta o marco estratéxico fixado, os requisitos legais e normativas, e os requisitos propios dos nosos clientes que poidan afectar á Unidade.

A política de calidade fundaméntase en tres principios, que constitúen á súa vez os alicerces sobre os que a nosa Unidade marca os obxectivos para perseguir:

  • A máxima satisfacción dos nosos clientes (pacientes, acompañantes e profesionais solicitantes de interconsulta de nutrición) coa asistencia sanitaria recibida.
  • A mellora continua dos nosos procesos, servizos, e desempeño.
  • A implicación de todos os empregados, unido ao total apoio do Responsable da Unidade, e a Xerencia, é indispensable para a consecuencia dos obxectivos establecidos.

Coa finalidade de despregar os devanditos obxectivos estratéxicos e de calidade, co total apoio do Xefe de Servizo, o Responsable da Unidade e a Xerencia apostan pola implantación de ferramentas de xestión orientadas a promover a análise, identificación e incorporación de melloras organizativas, científicas e técnicas aos procesos da Unidade dun modo dinámico e útil. Para iso levouse a cabo a implantación da norma ISO 9001:2015, con alcance sobre o servizo asistencial a pacientes hospitalizados e de consultas externas que leva a cabo na Unidade.

Para iso, o Responsable da Unidade e o Xerente estableceron a seguinte declaración como Política de Calidade, a cal pretende recoller os dous obxectivos xerais de calidade deste hospital:

  • A mellora da calidade do servizo sanitario.
  • A mellora da calidade na xestión.

O cumprimento das condicións pactadas para cada un dos procesos incluídos no SGC, tanto no que se refire a prazos como á fiabilidade e calidade do servizo proporcionado, é de vital importancia para o mantemento dun bo nivel de calidade asistencial cara aos nosos pacientes.

Cada cal, no ámbito das súas actividades cotiás e responsabilidades profesionais coñece como impactan no resultado do servizo prestado, e comprométese a contribuír de forma activa e positiva no cumprimento das condicións pactadas e na súa mellora continua, de acordo coas pautas marcadas polo Responsable da Unidade e o Xerente.

Co fin de que estas directrices poidan cumprirse, proporcionaranse os recursos humanos e técnicos necesarios, e asúmese o compromiso de realizar o seguimento, medición e análise dos procesos implicados no SGC. Así mesmo, implantaranse as accións necesarias para alcanzar os resultados planificados e a mellora continua destes procesos.

 

Etiqueta

nutrición, endocrinoloxía, unidades, calidad

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Sobre a nosa organización

Interésame

-

Grupos de información

-