h1

Título

Misión, visión e valores da Unidade de Nutrición Clínica e Dietética

Texto destacado

Hospital Clínico

Misión

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, do Servizo Galego de Saúde, é un servizo de atención integrada público, baseado nunha atención sanitaria de excelencia e especializada na atención de procesos clínicos complexos que asegura a asistencia nunha contorna accesible, respectuoso e amable co paciente.

Neste marco desenvolve a súa actividade a Unidade de Nutrición Clínica e Dietética do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición, coa misión de:

  • Atención a pacientes externos e hospitalizados con patoloxías nutricionais de forma directa ou como apoio a outras unidades
  • Realización das probas diagnósticas de valoración nutricional que requira a patoloxía obxectivo.
  • Prescrición, control e avaliación da nutrición artificial tanto en pacientes hospitalizados como ambulatorios
  • Organizar a alimentación oral mediante a elaboración do código de dietas orais dos pacientes hospitalizados e colaborar no control da calidade
  • Prestar os servizos descritos coa maior eficiencia, fomentando a investigación clínica e a docencia.
Visión

Alcanzar a excelencia clínica na atención das enfermidades nutricionais, considerando a excelencia clínica como un concepto integral, influír na percepción e nos hábitos da sociedade e constituírnos nun grupo de referencia local e nacional na área.

Valores
  • En relación coa contorna:
    • Compromiso cos obxectivos do hospital: Sentido de pertenza e recoñecemento dos éxitos individuais e colectivos como forma de satisfacción persoal e profesional.
    • Orientación ao paciente para satisfacer as súas necesidades e expectativas.
    • Respecto polo paciente e capacidade para xerar a súa confianza.
  • En relación cos procesos internos:
    • Práctica da medicina baseada na mellor evidencia científica dispoñible.
    • Procura da excelencia asistencial, docente e investigadora.
  • En relación cos medios humanos:
    • Relación entre profesionais baseada en accesibilidade, confianza e transparencia.
    • Organización baseada no respecto mutuo e favorecer as iniciativas individuais.
  • En relación co compromiso social e aos recursos económicos:
    • Responsabilidade social.
    • Equidade na atención sanitaria.
    • Esforzo para a utilización eficiente dos recursos postos á súa disposición.
 

Etiqueta

nutrición, endocrinoloxía, valores, unidade

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

-