A Atención Primaria forma unha das bases do Sistema Galego de Saúde e comprende o conxunto de actividades médico-asistenciais e de saúde pública, desenvolvidas de forma individual, familiar e comunitaria polo conxunto de profesionais sanitarios e non sanitarios do Sergas.
As actividades desenvolvidas no ámbito da Atención Primaria teñen por finalidade a asistencia sanitaria, a promoción da saúde, a prevención, a rehabilitación, a investigación e a docencia.
O modelo do Sistema Público de Saúde de Galicia establece que a atención esencial da saúde é prestada polo nivel de Atención primaria nos Centros de Saúde, Consultorios e Puntos de Atención Continuada, situados preto do lugar de residencia da cidadanía, e que se organizan en Servizos de Atención Primaria e Unidades de Atención Primaria