h1

O SERGAS ten dispoñible un sistema de Videointerpretación en lingua de signos que lle garante ás persoas xordas o acceso, en igualdade de condicións, á atención médica nos centros de saúde e nos hospitais.

A prestación deste servizo por parte do SERGAS faise a través de BILDTEC, un sistema de Videointerpretación simultánea desenvolvido pola Fundación Gataca para facilitarlle a este colectivo a comunicación en Lingua de Signos Española (LSE).

A súa aplicación ao SERGAS é froito dun convenio asinado entre a Xunta de Galicia a través de AMTEGA e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

¿Como funciona?

O servizo de Videointerpretación do SERGAS está dispoñible de xeito presencial no Servizo de Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago así como no Ambulatorio Concepción Arenal de Santiago.

Neses centros, os usuarios e usuarias terán á súa disposición una Tablet que facilita a comunicación entre a persoa usuaria e o persoal de atención médica. A conversa entre as dúas persoas establecerase grazas a que o/a videointérprete de BILDTEC servirá de canle entre ambos/as.

Horario de atención

21 de setembro a 21 de xuño: 09:00 – 17:00

22 de xuño – 20 de setembro: 09:00 – 14:00

Confidencialidade da información e outras vantaxes de BILDTEC

BILDTEC garante a confidencialidade e a privacidade de todas as chamadas realizadas a través do servizo de Videointerpretación do SERGAS, xa que as conversas que teñan lugar durante a súa utilización non serán gravadas en ningún caso.

Calquera dato que o/a videointérprete poida requirir durante o proceso de comunicación coa persoa xorda só será comunicado verbalmente ao persoal sanitario, co que non se compilará nin reterá información de carácter persoal.

Co emprego de BILDTEC, as persoas xordas ou con discapacidade auditiva adquiren una maior independencia e inmediatez nas súas relacións co SERGAS xa que non necesitan acompañarse dun intérprete para realizar as súas atencións ou consultas médicas.

Ademais, a súa utilización non implica una dificultade engadida no proceso de comunicación – a curva de aprendizaxe é mínima-, xa que tanto a interface como o funcionamento do sistema foron deseñados para que o seu uso sexa o máis accesible, intuitivo e sinxelo posible.

BILDTEC supón, tamén, unha vantaxe para a propia Administración pública que, co seu uso, consegue eliminar as barreiras de comunicación entre o seu persoal e os cidadáns con xordeira ou discapacidade auditiva, facilitando a interacción directa entre am​bos colectivos, ao tempo que optimiza recursos.