h1

Título

Oficina Virtual do Provedor

Texto destacado

Oficina Virtual Proveedor

A Oficina Virtual do Provedor constitúe un punto de encontro entre o Sergas e as empresas que lle proporcionan servizos ou produtos.

O obxectivo da Oficina Virtual do Provedor é o de ser unha ferramenta que permita, de forma áxil, rápida e sinxela, realizar os procesos de comunicación máis habituais entre o Sergas e as empresas que lle prestan servizos.

Entre os obxectivos desta ferramenta podemos destacar os seguintes:

  • Posibilitar a comunicación directa entre as empresas prestadoras de servizos e o Sergas de forma on-line, adaptándose ás novas tecnoloxías
  • Permitir á empresa realizar a consulta e modificación dos seus datos identificativos
  • Permitir a consulta on-line das relacións económicas entre as empresas e o Sergas
  • Unificar e simplificala consulta dos datos económicos das empresas independentemente dos centros cos que mantén relación a empresa
  • Implementación do sistema nun entorno seguro que identifique univocamente o acceso á infomación
  • Permitir consultar o inventario de material en depósito recollido no sistema de información de aprovisionamento
  • Posibilitar ás empresas consultar o catálogo de produtos do Sergas e as fichas comerciais que estas manteñen co Sergas
 

Etiqueta

provedor, virtua

Público

Empresas

Temas

-

Interésame

-

Grupos de información

-