h1

Título

Servizo de Alergoloxía

Texto destacado

Persoal ALG

HISTORIA DO SERVIZO DE ALERGOLOXÍA DA XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Servizo de Alergoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago ten unha historia paralela ao nacemento do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) pois, se ben en novembro de 1992 se contratou por primeira vez un médico especialista en Alergoloxía para atender especificamente a patoloxía alergolóxica, non foi até xaneiro de 1993 e coincidindo coa integración do Hospital de Conxo no Complexo, cando se lle asignou un espazo propio de consulta e cando se constituíu como tal a “Unidade de Alergoloxía”. Dende os seus inicios, a dedicación á asistencia do paciente alérxico foi o centro da súa actividade á que, pouco tempo despois se lle sumou a formación de Médicos Residentes de Medicina Familiar e Comunitaria á que se contribuía mediante períodos de rotación dun mes de duración. En 1996 incorporouse un segundo médico especialista, a doutora Celsa Pérez Carral, substituída en 1997 pola doutora Margarita Armisén Gil, debido ao traslado da primeira ao Hospital da Costa de Burela. No ano 2001 incorporouse a doutora Virginia Rodríguez Vázquez. Ademais de aumentar o número de médicos especialistas, durante eses anos, a Unidade de Alerxia tamén medrou o número doutros profesionais sanitarios, contando concretamente con catro enfermeiras e un secretario, cunha contribución imprescindible para o correcto desenvolvemento da súa labor asistencial.

En 2005 a Unidade adquiriu a categoría de Sección por acordo da Comisión de Dirección. Ese mesmo ano, o Doutor Ildefonso Luna Ortiz trasladouse dende o Hospital Xeral-Cíes de Vigo á Sección de Alerxia. O cadro médico completouse cun posto para quinto facultativo no ano 2009, posto polo que pasaron médicos alergólogos como Beatriz Núñez Acevedo, Carmen Costa, Mónica Castro Murga e a propia Celsa Pérez Carral que tras moitos anos de ausencia, volveu retomar a súa actividade no noso Servizo. Ademais, desde o ano 2009 contamos con acreditación para a docencia e se teñen formado no noso Servizo un total de cinco especialistas en Alergoloxía (Sonia Vázquez, Mayela Juangorena Zamora, Teresa González Fernández, Sara López Freire e Paula Méndez Brea). A nosa última incorporación é Laura Romero que, actualmente, é a residente de primeiro ano da especialidade. Pero o Servizo tamén contou e conta con persoal contratado en investigación con cargo a proxectos e ensaios de investigación cuxo financiamento realizamos a través da Fundación Ramón Domínguez.

O Servizo de Alergoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago atende unha poboación de referencia que pode consultar na ligazón a Contorno que aparece a continuación

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Alerxias e intolerancias alimenticias

Interésame

-

Grupos de información

-