h1

Título

Misión, visión e valores do Servizo de Pneumoloxía

Texto destacado

Equipo Pneumoloxía

Misión

A misión do Servizo de Pneumoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago é a de promover e mellorar a saúde dos pacientes, ofrecendo a máxima excelencia na atención sanitaria e no trato persoal. O equipo de persoas que constitúen este Servizo implícase e comprométese de forma activa en prestar, dunha forma personalizada e humana, a mellor asistencia neumológica dispoñible na actualidade, aplicando os métodos diagnósticos, preventivos e terapéuticos con criterios de equidade e eficiencia, contando en todo momento coa correspondencia dos equipos de Atención Primaria e a súa estreita colaboración no seguimento e control dos enfermos neumológicos.

Xunto con esta vocación asistencial e por atoparse enmarcado no ámbito universitario, o Servizo de Pneumoloxía manifesta o seu ánimo docente e o seu interese en desenvolver a investigación dunha forma traslacional, unindo a ciencia básica coa práctica asistencial.

Visión

O servizo de Pneumoloxía aposta pola especialización para converterse nun referente da atención neumológica en Galicia e está determinado a continuar adecuando e modernizando a organización da súa actividade para estar en condicións de satisfacer as demandas actuais, ofrecer unha atención máis especializada e garantir unha asistencia de alta calidade e eficiencia.

Valores
  • Compromiso cos obxectivos do hospital e sentido de pertenza ao mesmo.
  • Ética e respecto ás persoas, os seus dereitos e valores.
  • Orientación ao paciente para satisfacer as súas necesidades e expectativas.
  • Humanidade na atención e respecto polo paciente.
  • Procura permanente da excelencia asistencial, docente e investigadora.
  • Competencia clínica e práctica da medicina baseada na mellor evidencia científica dispoñible.
  • Traballo en equipo e relación entre profesionais baseada en accesibilidade, confianza e transparencia.
  • Responsabilidade profesional, corporativa e social.
  • Equidade na atención sanitaria.
  • Esforzo para a utilización eficiente dos recursos.
  • Compromiso coa innovación en investigación e na asistencia sanitaria.
 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades do sistema respiratorio

Interésame

-

Grupos de información

-