A súa misión é contribuír a mellorar a estanza dos pacientes e familiares dentro do hospital, creando pontes entre a vida hospitalaria e o domicilio do paciente. O seu papel non é suplir o traballo dos profesionais, senón estar a carón do paciente e o acompañante para dar un paso máis na humanización da atención e “dar un respiro” aos coidadores. Ten carácter altruísta e solidario e non remunerado.
A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Voluntariado de la USC que coordina o Servizo de Participación e Integración Universitaria ven desenvolvendo diferentes programas de voluntariado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela:
Cada un dos programas ten uns obxectivos definidos e a unidade de Traballo social é o enlace entre o voluntariado da USC e o hospital.