O Servizo de Neuroloxía atende á totalidade dos procesos neurolóxicos da poboación da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, para o que dispón, tanto a nivel de hospitalización, como de consulta ambulatoria, das seguintes unidades funcionais (todas elas multidisciplinares en colaboración con outros servizos da área de neurociencias, así como doutros servizos hospitalarios).
O Servizo de Neuroloxía atende a unha porcentaxe de pacientes entre o 12.8 e o 51.4% do total dos pacientes atendidos (media 19.9%), procedentes doutras áreas sanitarias de Galicia e do resto de España. Esta porcentaxe vén condicionado tamén pola existencia de 3 unidades asistenciais que obtiveron a cualificación de unidades de referencia a nivel nacional (CSUR):
O Servizo de Neuroloxía atende a consulta neurolóxica do Hospital Comarcal do Barbanza (Ribeira), cun neurólogo do Servizo que se despraza 3 días á semana.