A plataforma pretende facilitar o establecemento de colaboracións multidisciplinares e abertas entre diferentes profesionais e usuarios do servizo público de saúde de Galicia, diferentes administracións, centros de coñecemento e empresas tecnolóxicas do noso entorno. Promovendo un ecosistema de innovación sanitaria en Galicia.
A Xerencia de Xestión integrada de Santiago de Compostela dispón dun nodo de innovación sanitaria que presenta e executa proxectos de innovación a través da Plataforma de innovación sanitaria do Servizo Galego de Saúde.