O modelo do Sistema Público de Saúde de Galicia establece que a atención esencial da saúde é prestada polo nivel de Atención primaria nos Centros de saúde ou Consultorios, situados preto do lugar de residencia da cidadanía.
A medicina xeral ou de familia está ao alcance de todos os individuos e familias galegas para resolver problemas de saúde comúns, realizar actividades preventivas e garantir a atención integral e continuada dos pacientes.
A Atención primaria é proporcionada por un equipo de diferentes especialidades e disciplinas, tales como, a medicina de familia, a enfermaría, a pediatría, a farmacia, a odontoloxía ou a fisioterapia.
Dado que o seu obxectivo é atender os problemas de saúde desde unha perspectiva integral, continua e próxima ao domicilio dos pacientes, a tendencia do sistema sanitario é facilitar cada vez máis servizos a este nivel.
A Atención primaria realiza actividades de promoción da saúde, vixilancia e información, diagnóstico e tratamento.
Estes servizos ofrécense con carácter ordinario, nos Centros de Saúde en horario habitual, e con carácter continuado, a través dos dispositivos de urxencias.
As prestacións ofrecidas recóllense no que se denomina carteira de servizos: