O proxecto de Humanización pretende ofrecer aos pacientes e familiares un ambiente de acollida, confort, calidez e protección, que facilite a atención sanitaria, a continuidade educativa, o xogo e entretemento e as relacións persoais.
Pretende, ademais, fomentar a colaboración dos familiares nos coidados dos pacientes e tamén un maior achegamento e empatía cos profesionais.
A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela ten como misión prestar a mellor atención clínica posible en base ao coñecemento científico, dentro dunha contorna amable, acolledora e humana, que con carácter integral teña en conta non só ao paciente se non que a súa familia, que forma parte deste proceso.
Por iso dotamos os espazos de mobiliario alegre e acolledor, realizamos actividades lúdicas, de entretemento e de acompañamento. Nesta liña, de lograr un hospital amable traballamos sen descanso.