O Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública é un servizo central que depende xerárquicamente da Dirección do Hospital e que presta os seus servizos especializados á poboación de referencia.
O seu obxectivo fundamental asistencial é a prevención da infección nosocomial, a través da Vixilancia e Control da Hixiene Hospitalaria e en programas de Epidemioloxía para o coidado da Saúde tanto dos seus traballadores como da poboación xeral.
Desenvolve o seu labor co compromiso da mellora continua para alcanzar o máximo nivel de Calidade e contribúe mediante as súas funcións e indicadores aos obxectivos globais de calidade da Institución e dos cidadáns da Comunidade de Galicia.
Desenvolve a súa misión coa achega dos seus profesionais e aposta pola experiencia e formación dos mesmos e polo máis alto nivel de autonomía do seu persoal de enfermería.
O Servizo, coa súa experiencia e traxectoria, debe de ser unha organización científico-sanitaria de referencia, accesible, innovadora, que dará resposta á súa demanda cun equipo de profesionais motivados e implicados nunha contorna multidisciplinar, para ofrecer unha atención sanitaria (asistencial, docente e investigadora) efectiva e eficiente, que cumpra cos principios das “organizacións excelentes”.